#1 Benvidas viaxantas!

#1 Benvidas viaxantas!

Mar 23, 2022

Isto é Viaxantas, un podcast en galego para os amantes dunha boa escapada, de saír e darse unha homenaxe gastronómica e de vivir experiencias do máis diversas. Se ti tamén pertences ao clube, síguenos e percorre con nós algúns dos lugares máis fermosos de Galicia e do mundo. Con experiencias persoais, entrevistas a outros viaxeiros e cun espazo no que tí tamén colleralo micrófono para facernos a túa crónica viaxanta.

imagen

Quen hai detrás do micro?

Son Cris Terceiro, una xornalista e viaxeira incansable á que lle encanta o universo do podcasting. Con Viaxantas intentarei que poidas transladarte aos lugares máis fermosos do planeta e quen sabe se animarte a planificar a túa próxima viaxe.

Por que Viaxantas?

Simplemente porque foi con grandes mulleres que comecei a gozar das viaxes,  porque moitas veces me teñen dito iso de…“pero mira que eres viaxanta”, e ademais, por reivindicar as voces femininas da lingua, que boa falta nos fai.

Por que en galego?

E por que non? No meu día a día traballo en castelán ou inglés, pero o galego é a miña lingua nai, na que penso, na que me sinto máis cómoda e na que fago a miña vida máis persoal. Viaxantas é un proxecto sobretodo persoal, no que quero compartir espazo con outros galegos mundiais e achegarvos experiencias ás que non sempre un se anima por falta de coñecemento, por medo ou porque ninguén che deu ese último impulso que precisas. Seino, a min tamén me pasa.

E ti, úneste ao clube das viaxantas?

¿Te gusta esta publicación?

Comprar Viaxantas un café

Más de Viaxantas