Dende a Comunidade Saharauí en Galiza estamos moi contentos de contar co gran artista saharauí, Yslem Hijo del Desierto, para o venres 14 de xuño no Centro Social Gomes Gaioso, Coruña.
Yslem fai activismo coa súa música, a cal é un reflexo da forza e da resistencia do pobo saharauí. O rapero afirma que a arte é a mellor ferramenta de loita e que "o rap é a música dos que non teñen voz. É un estilo combativo".
Grazas a Yslem por vir á súa segunda terra, Galiza, na cal pasou moitos anos da súa vida e estamos seguros de que nos vai ofrecer moito neste concerto.
Grazas tamén ao CS Gomes Gaioso polo seu apoio e a súa colaboración na organización desta actividade.
¡Agardámosvos con moitas ganas! 🇪🇭
Vous aimez cette publication ?
Achetez un revolution à Centro Social Gomes Gaioso