petogalego
1 supporter

píntega

Mar 29, 2022

A píntega ten en Galiza moitos nomes, que me comentastes cando subín o debuxo fai uns meses. Aquí tedes a lista que fixen deles:

  • Sarabanduxa -> Taragoña

  • Pes(s)oia -> Muxía/ na Baña/ en Vimianzo /Jalhas

  • Pezoia -> terras de Bergantiños/en Coristanco

  • Pinchorra -> terras de Castroverde/ Terra Chá/ Lugo / zona de Láncara (Lugo)/Portomarin

  • Salamántig(h)a -> Pereiro de Águiar/Nogueira de Ramuín, Ourense

  • Zaramela -> ( En Arbo)/En Vide, As Neves, Pontevedra / Quintela de Leirado (Celanova)/ En Sendelle na ribeira do Miño onde se xunta Pontevedra - Ourense e Portugal

  • Sarmag(h)anta -> pola zona de Redondela/no Condado/en Mos/Valadares, Vigo

  • Sarabandixa -> pola zona do Barbanza

  • Sapagueira -> en Navia de Suarna / zona de Ribadeo/ Terra do Vicedo/ Na Fonsagrada

  • Saca(b)veira -> en Navia de Suarna/ Terra do Vicedo/na Mariña Lucense/ Mondoñedo

  • Salamandra -> por Bergantiños/Portugal

  • Sabanduxa -> en Noia/ na zona de Valga

  • Sacarrancha -> As Pontes/ en Cariño, Ortegal

  • Salamándiga -> nas terras de Oímbra

  • Salamántigha

  • Salmaganta -> En Taborda(Tomiño)

  • Sacabeira -> por Ancares/.Na Mariña/ en Cariño, Ortegal./ en terras Mindonienses

  • Pinta na Terra de Montes/en chantada/no Trasdeza

  • Pichoca -> O Incio

  • Pinchorla

  • Pínteg(h)a -> en Monfero/en Betanzos / terras de Bergantiños

  • Pintega

  • Píntig(h)a -> por Ferrol/ zona das Mariñas

  • Pintiga

  • Salamanquesa

  • Bicha pinta -> en Portugal

  • Sabandilla

  • Salamanca

  • Sabandixa

  • Salamanta

Todos estes nomes ten este animaliño. Coñecedes algún máis?

IMPORTANTE!!! A mala sona da píntega non é certa! Este animaliño non é perigoso. Cando se lle molesta, ten por enriba unhas glándulas das que pode sair unha sustancia branca,

que como moito fai que se irriten as mucosas (ollos, boca, nariz) se entran en contacto con ela.

Aínda así, a pobriña ten moi mala sona, e por exemplo dinse (ou dicíanse) estas cousas delas:

  • Que eirexan (poden transmitirnos enfermidades polo aire, se pasan diante de nós)

  • Poden botar o aire ("mal de ollo")

  • Que son pezoñentas

  • Hai un dito de que poden atravesar o lume

  • A xente tenas como moi desabegosas (que dan mala sorte)

  • Poden secar unha árbore se crían baixo as raíces

  • Dan enfermedades da pel

  • Se te toca, pode darche unha enfermidade da pel e sáenche pintas na pel a ti tamén

  • Bota veleno que fai picar os ollos

  • A súa "picadura" é mortal

  • Se a tocaches e che sairon ronchas na pel, se se queima ó animal ca súa cinza quítase o cuxillo

  • Sacabeira, un dos nomes da píntega, úsase como insulto nalgúns sitios.

Deixade os vosos comentarios aquí, ou no artigo en Facebook https://www.facebook.com/petogalego/posts/151725440624086 ou en Instagram https://www.instagram.com/p/CbDrLRBIhmu/

#galizaimaxes #igersgalicia #lerengalego #letrasgalegas #clickgalicia #galiciagrafias #somosgalegos #culturagalega #galego #queremosgalego #galiciamola #engalego #galizacalidade #galegospolomundo #linguagalega #frasesgalegas #galiciaglobal #galiza #galiciaviva #galiciamaxica #galicia #galiciacalidade #galiciavisual #petogalego #anosaterra #natureza #eufalogalego #descobregalicia #patrimoniogalego

Enjoy this post?

Buy petogalego a apoio ao proxecto

More from petogalego